jueves. 28.03.2024
Manuel-Lueiro

Manuel Lueiro, hijo de maestro, publica con 17 años su primer artículo contra la pena de muerte. Apenas con veinte años tiene que huir de O Grove para eludir la represión falangista, y de inmediato se convierte en un testigo y protagonista de la lucha por las libertades. En 1941 ingresa en el Partido Comunista de España, sirve de enlace y de apoyo a la guerrilla antifranquista, y hace de corresponsal para Radio España Independiente.

Compagina su trabajo como funcionario de Hacienda con su labor literaria en castellano y en gallego, y su militancia antifranquista con una labor periodística continuada, y con una relación continuada y activa con la España del exilio.

En 1979 sale elegido como Concejal en O Grove, en las listas del Partido Comunista de España, ejerciendo la responsabilidad de Concejal de Cultura.


Manuel-Lueiro2O sábado día 9, cumpliranse 100 anos do nacemento do insigne escritor, poeta, colaborador de prensa e político galego, Manuel Lueiro Rey, persoa integra e de profundas conviccións ideolóxicas, comprometido sempre coas persoas máis necesitadas, e defensor das causas máis nobles. Lueiro foi un verdadeiro intelectual "comprometido co seu tempo",  o tempo da loita pola liberdade individual e colectiva das persoas e dos pobos.

Nado en Fornelos de Montes (Pontevedra) en 1916. Sendo moi neno morrelle a súa nai Adelaida Rey que crea unha difícil situación na infancia do futuro poeta. A súa familia vai vivir O Grove, onde Lueiro residirá dende os 7 anos, ata a súa morte o 11 de Outubro de 1990.

Con 17 anos publica o seu primeiro artigo no xornal El País de Pontevedra contra a pena de morte. O estoupar a Guerra Civil Española, Lueiro e outros amigos como Ramón Garrido Vidal -outro grovense que acabaría confinado no campo de concentración nazi de Dachau pola súa participación na resistencia francesa na II Guerra Mundial- son perseguidos e buscados polos falanxistas, Lueiro agochase no monte de O Grove, e logo foxe a Fornelos de Montes, onde se oculta durante varios meses.

Rematada a Guerra Civil Española, Lueiro ingresa no Partido Comunista de España (1941), mantense en cotacto cos guerrilleirose colabora con Radio España Independente. Nese tempo consigue unha praza no Corpo Técnico do Estado como ténico de Facenda. O seu pai Albino Lueiro, mestre, morre en 1943; anos máis tarde Manolo Lueiro casa en O Grove coa que sería a súa compañeira inseparable e a máxima defensora da súa obra, ata a morte desta, Maruja Lores.

Inicia o seu labor artístico en 1950 coa obra "Nacencia, cuentos y poemas" e a que asina baixo o seudónimo de Gudea. Dous anos máis tarde recibe o Premio da Casa de Galicia en Bos Aires por "Sinfonía de luz galaica", recibe tamén o Premio Nacional de Periodismo con "Gozo y virtud de mis ríos gallegos", e o Premio do Centro Ourensán de Bos Aires con "Curros Enriquez poeta monumental de Galicia".

Entre os anos 1959-63 publica en Pontevedra "Juncia de amor y vida", e consegue o Primeiro Premio de Poesía Cidade de Vigo con "Sonetos a la ciudad de Vigo", Premio Pérez Lugrín con "La colmena y sus celdillas", e o Segundo Premio de Poesía nos Xogos Florais de Ourense con "Orense en un pregón y varias estancias".

En 1966 acada o Premio Ciudad de Oviedo pola súa novela "Manso" que prohibe a censura española, publícase un ano máis tarde en Bos Aires. Comenza así a súa relación coa España Peregrina da emigración, e os contactos cos que serían xa por sempre os seus compañeiros e camaradas inseparables Lorenzo Varela, Luis Seoane, Arturo Cuadrado entre outros.Pronuncia conferencias en París e América do Sur, donde publica "Vicente y el otro", Primeiro Premio do Certamen Internacional de Contos de Valladolid. Inicia diversas colaboracións e participa no libro colectivo "Poemas al Che" (La Habana), con poemas das catro linguas peninsulares, e tamén colabora no libro "Castelao na voz dos poetas".

En 1971 edítase a súa primeira obra en galego "Un tempo de sol a sol" e, en catelán "La noche espera al alba", con ilustracións de Luis Seoane. Continúa colaborando con Luis Seoane na publicación do seu primeiro libro de relatos en galego "Non debian medrar".

Nos próximos anos colabora no poemario colectivo "Chile en el corazón" como homenaxe o gran poeta Pablo Neruda, e participa no libro de homenaxe a Rafael Alberti "Del corazón del pueblo". Edita unha mostra importante da poesía de protesta en galego con "Escolma Ferida", con limiar de Lorenzo Varela. 

No ano 1979 presentase ás eleccións locais no Concello de O Grove polo Partido Comunista de España, e sae elexido Concelleiro, o PCE logra a alcaldía e Manolo Lueiro pasa a desempeñar a función de concelleiro de Cultura. Organiza infinidade de actos de todo tipo, destacamos entre todos eles a homenaxe feita en 1980 ao seu amigo Luís Seoane, no primeiro aniversario da súa morte, dedicándolle a primeira rúa de toda Galicia, acto no que participan diversas personalidades da talla de Rafael Alberti, Uxio Novoneira, Arturo Cuadrado, Basilio Losada e Xesús Alonso Montero entre outros compañeiros e camaradas.

En 1982 publícase "O sol na crista do galo" con limiar de Basilio Losada, e en 1985 "Crónicas de una transición intransigente", con limiar de Gustavo Luca de Tena.

Continúa a colaboración con Luis Seoane na publicación "Un rio que camina", e novamente consegue o Premio Miguel de Unamuno no Certame Internacional de Contos de Valladolid pola súa narración "Hundezelle".

Nos derradeiros anos escribe "Nova Escola Ferida" dedicada a Lorenzo Varela con limiar de Méndez Ferrín. Prepara a edición "Vigo en tres paisajes" sobre a obra, "Sonetos a la ciudad de Vigo", e participa no libro dedicado a José Luis Barros en Edicións do Castro.

Manuel Lueiro Rey morre o 11 de Outubro de 1990, e a súa viuva Maruja Lores recolle o testigo e fai posible a reedición de algunhas das súas obras, a edición de outras novas que non tiñan visto a luz,  ó tempo que promove actos, conferencias, contacta cos amigos de Lueiro para que non deixemos de divulgar e espallar a figura e a obra do seu home etc, etc.

No ano 1993 O Concello de O Grove crea o Certamen Literario "Manuel Lueiro Rey", premio literario que vai xá pola XXIII edición.

No ano 1996 publícase a edición galega de Manso, en 1999 veu a luz a súa obra inédita "Hundezelle y otras vidas maltratadas". No ano 2003, Ramón Nicolas biografo de Lueiro, edita "Derradeira escolma ferida (de onte, de hoxe, de mañan)" e, " O sol na crista do galo" para a biblioteca das letras galegas, en 2005  Ramón Nicolas,edita outra obra inédita" O Grove: canción do sal e do vento".

No ano 2012 O Concello de Fornelos de Montes crea o Premio de Poesía Mauel Lueiro Rey, que ó igual que o de Novela Curta do Concello de O Grove edita a Editorial Sotelo Blanco, quero deixar contancia do compromiso e respaldo que Olegario Sotelo Blanco ven amosando dende sempre para coa figura e obra de Manolo Lueiro.

No ano 2013 a sociedade de Bos Aires "Unión Hijos del Grove" que preside o seu bó amigo Francisco Lores, promove o libro colectivo en homeaxe a Manuel Lueiro Rey "A Liberdade Ferida" (1916/1990) que coordina e dirixe o profesor Ramón Nicolas, e no que colaboran entre outros.., Francisco Lores, Herminio Barreiro, Manuel Bragado, Luís Cochón, Ramón Chao, Antonio Chaves, Isaac Díaz Pardo, Gerardo González Martín, Francisco López "Chesqui", Basilio Losada, Manuel Lueiro Lores, Gustavo Luca de Tena, MOdesto Hermida, Xosé Luís Méndez Ferrín, Olegario Sotelo Blanco, Xesús Alonso Montero, Francisco Fernández Rei, Luis Mera Naveiras, Francisco X. Fernández Naval, Gogue, David Otero, Manuel Quintáns Suárez e Siro.

Aquéles que como eu tivemos a inmensa fortuna de coñecer a Manuel Lueiro e convivir nun tempo con él, podemos e debemos dar testimonio público para as xeracións presentes e futuras da súa grandeza e do seu compromiso social atraveso da súa obra e dos seus feitos, ata a mesma data data do seu pasamento.

Quero rematar éste artigo voltando a facer un chamamento diante da opinión pública -levoo facendo dende o ano 1999- para que os académicos da Real Academia Galega e demáis autoridades culturais e literarias desta nosa Terra, teñan en conta a extensa obra de Manuel Lueiro Rey e lle fagan xustiza adicándolle o día das Letras Galegas, ¡Saúde e Terra!


Francisco-López

Francisco López "Chesqui"

Secretario General del Partido Galeguista

Patrono de las Fundaciones Castelao, Alexandre Bóveda y Sotelo Blanco.

Manuel Lueiro Rey, Centenario de su nacimiento